31/10/11

ao sol do Suído

Fame e frío.
Foto: Silvia Mella

proxectando 2ª parte

O pasado xoves de madrugada levamos a cabo
as intervencións para a nosa próxima exposición
conxunta Pase(e)n e vexan.

Lástima que algunhas non duraran máis dun día
e que das que quedan a policía nos mande retiralas
antes do mércores.
















Pegada na Praza de Abastos en Ourense.

25/10/11

Sentido do bo humor II

"As cousas son estrañas" di Duane Michals.

Carnival Strippers

Di Susan Meiselas que o sentimento de
consternacion que persegue ao espectador
das suas fotografias non e tan distinto
a actitude enaxenada dos protagonistas
das mesmas.

Nos anos setenta retratou cunha pequena Leica
a vida dunha comunidade de mulleres denigradas
nos noxentos espectaculos ambulantes
de Estados Unidos onde a carne e o reclamo.
Neles desenvolvese unha especie de circo no que
elas soben ao escenario para someterse ao
presentador e ao publico.

Este traballo fixo que Susan Meiselas
entrara a formar parte da Axencia Magnum.



Sentido do bo humor

A seriedade das cousas reside
no seu toque de gracia,
a lo menos iso me fan pensar
as fotografías de Elliot Erwitt.

"Non me levanto pola mañá e
decido que vou a ser gracioso.
Prefiro ser divertido a ser tráxico.
Non é algo que decida conscientemente."


17/10/11

15-O

A manifestación global do movemento 15-M
tivo seguimento tamén en Vigo,
unha concentración tranquila pero masiva.







12/10/11

proxectando

Os alumnos de 2º de fotografía
da Escola de Arte Antonio Faílde
estamos traballando na nosa exposición
Pase(e)n e vexan,
unha mestura de arte urbán e fotográfico.

Esta é unha das miñas tomas

10/10/11

fotografar con efe

Efe de fechado.

Fotografar cos ollos fechados
para abrir novos horizontes.

Unha nova experiencia na clase
onde ningunha das imaxes foi premeditada.
Camiñamos retratandoo interior da aula
cos ollos vendados.

Estes son algúns resultados.





03/10/11

Banksy

O documental de Banksy sobre un home calquera,
pouco listo,
pseudo-cineasta obseso,
Mr. Lavacerebros,
estereotipo flaxelado,
sen idea da arte,
faise artista do día para a mañá.
Obtén recoñecemento público instantáneo.
Ademais, faise rico.
As súas obras véndense ben.
Todo se pode comprar.
O mercado da arte inclúe todo tipo de personaxes.
Exit through the gift shop.
O documental de Banksy sobre un home calquera...
co que a Banksy lle gusta provocar.
Quédome coa dúbida se este personaxe será outra das súas obras.