Na postguerra, Don Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde. [...]
Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo. O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro. Así como é graxumento o corpo, tamén o miolo de Don Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesada había atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga.
Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento).
Texto: O Porco de péde Vicente Risco. Fotos: Silvia Mella.
A fotografía non está acabada na cámara. Hai que escoller. Diferenzar entre os pequenos detalles. Hai que saber editar. Editar é un exercicio de sutileza.