29/04/13

máis que un filme


La Commune (París 1871) é unha curiosa mestura 
entre un documental, un making off e un filme 
produto da loita constante do seu director, 
Peter Watkins, pola creación de películas que 
se desmarquen da forma tradicional que ten o 
cine de contar historias.












O filme relata o acontecido na capital francesa 
entre o 18 de marzo e o 29 de maio de 1871, 
fala da insurrección obreira e a loita entre 
os traballadores e os posuídores. Durante os 
70 días que permaneceu activa a Comuna de París emancipouse o traballo e á súa vez a producción económica, social e cultural da propia xente. 















Os 345 minutos que dura a película permiten unha reflexión compartida entre a sociedade daquela 
época e nós, unha sociedade da que temos moito 
que aprender.


















O video é o comezo da película. 

Para ver o filme enteiro aquí.

16/04/13

sobre as Illas Fiji

Tomando o sol en calquera un dos cruceiros que navegan polas augas das Illas Fiji semella todo perfecto, porén nada máis lonxe da realidade.

Fiji permanece baixo un réxime militar dende o 2006 e foi vítima de catro golpes de estado dende a súa independencia no ano 1970. Suspendéronse as relacións con países como Australia e Nova Zelanda a causa das súas reprimendas paternalistas e ademais foron expulsadas da Commonwealth por Gran Bretaña, resentida por perder un territorio que ela mesma roubara algún día.

Agora nas illas as persoas esperan que pase algo,
ou non. 

Imaxes de Andrew Quilty.










15/04/13

nada en especial

Imaxes de Martin Kollar.













vivendas comunitarias


"Este proxecto data do 1991. Estaba traballando en Siberia e acabei en San Petersburgo porque varios importantes etnólogos rusos vivían alí.

Daquela vivía cuns amigos rusos nun dos bloques de pisos comunitarios da zona. No ano 2000 quixen comezar de novo con este proxecto e dende entón estiven alí cada dous meses até o 2007.

Vivín nun dos pisos alugando un cuarto, para estar máis perto das persoas que vivían alí."

Françoise Huguier












mulleres no cárcere


A vida na prisión definínese no imaxinario colectivo a través dun ambiente profundamente masculino, viril e até mesmamente chauvinista. Así e todo, moitas mulleres están presas no mundo. 

Como conciliar o seu confinamento co ser muller e nai? 

A fotoxornalista da Axencia Vu Adriana Lestido meteuse no cárcere de Los Hornos (Arxentina) no ano 1993 para documentar este tabú e mergullarse nun entorno ignorado por todas e todos nós.