13/05/14

non soltes a pataca


-Mudeime a unha vella casa sita nun Bayou. 

-Tivemos moitos cans. A un deles atropelouno 
un coche diante miña.

-A cadela pariu outros nove na nosa cama.

(...)

-Unha vez esnifei coca da unlla dun vagabundo.

-Rescatamos un gato do furacán Katrina pero 
perdémolo no furacán Rita.

-Bebín chocolate misturado con cristal e pasei
tres días agochada na casa dun estrano.

-Fun detida tres veces por delitos menores 
demasiado bochornosos como para compartilos.

-Unha noite perdémonos no pantano coa canoa.

-O home que vivía na casa antes ca nós deixounos 
todos os seus discos de heavy metal porque atopara
a Xesús. Foi el o que me atopou a min chorando 
na estrada cando me atropelaron ao can.


Fotos e texto: Stacy Kranitz



























09/05/14

as sandinistas

No 1934 as somocistas apoiadas polos Estados Unidos asasinaron a Sandino, líder opositor da intervención dos ianquis en Nicaragua.

Que manía estes americanos do norte con querer mandar en todo. Para seren tan fervorosamente relixiosos (até apelan a Deus no seu discurso político!) violan a maioría dos seus mandamentos:

No matarás. 
No cometerás actos impuros. 
No robarás. 
No levantarás falsos testimonios ni mentirás. 
No consentirás pensamientos o deseos impuros. 
No codiciarás los bienes ajenos.

Pois vaia carallo.

O que vén despois do asasinato de Sandino xa o sabedes: ditadura, represión, morte, insurrección, traición, pobreza, humillación, bla, bla, bla. A historia é a mesma en todos os países, só hai que interpretar o reparto do pastel no mapamundi e despois contextualizar.

- Silvia Mella.

Fotos e textos: Susan Meiselas.
















"Un día conducía polos arrabaldes de Managua cando ulisquei algo. Estaba nun monte cunha forte pendente e canto máis me achegaba ao cumio o fedor era xa insoportábel. Ollei un corpo e parei para fotografialo. Non sei canto tempo levaba alí, pero o suficente para que os voitres lle comeran a metade. 

As imaxes que obtiven eran poderosas en parte polo contraste da putrefacción da morte coa beleza da paisaxe. Para min a fotografía era a chave para entender porque a xente de Nicaragua estaba tan indignada. Pola outra banda as estadounidenses non podían relacionarse a sí mesmas con esta imaxe. Simplemente non acreditaban."

- S. M.








"Estimados pais de familia:

Estou seguro de que notastes o meu comportamento estrano nos últimos meses (...) Isto débese a que me fixen un revolucionario, un membro do FSLN. Fíxeno polas seguintes razóns: 

Durante vinte anos vivín a todo trapo mentres miles de nenos e nenas, fillas das campesiñas e das traballadoras, pasaron  fame e morreron de desnutrición ou coa necesidade de atención sanitaria, o noso país está cheo miseria e atraso. Todas as nicaragüenses teñen a sagrada misión de loitar pola liberdade da nosa xente. A nosa xeración está facendo o que as xeracións pasadas debían de facer. A inxustiza e o crime en Nicaragua converteunos en escravas. Non queremos que as nosas fillas e fillos nos acusen diso. O fedor do réxime de Somoza volveuse insoportábel. Se os nosos pais e nais aprenderon a vivir con este goberno podre, nós estamos dispostas a arriscar as nosas vidas para dárlle fin. Vou ás montañas, onde as patriotas, as persoas honestas, aquelas que están dispostas a sacrificar todo pola súa xente, se poden atopar ".

- Carta escrita por Edgard Lang aos seus pais. Federico Lang era un home rico de Nicaragua e partidario de Somoza. Edgard foi asasinado pola Garda Nacional o 16 de abril de 1979.








Pictures From a Revolution - Napoleon from Susan Meiselas on Vimeo.



















"A historia non termina co repique das campás da tumba, ou co barullo dos tanques contra unha cidade pacífica. A historia comeza cando se establece firmemente que un ideal vive nun pobo, aínda que as persoas morran... "

- Pedro Joaquín Chamorro, editor do diario opositor La Prensa . Asasinado o 10 de xaneiro de 1978.


















O día antes de que Somoza fuxira de Nicaragua para sempre no 1979, Susan fotografiou ao sandinista Pablo 'Bareta' Arauz lanzando un cóctel molotov cara un dos últimos reximentos da Garda Nacional de Somoza que permanecía baixo o control do ditador. 

Durante os anos seguintes a imaxe converteuse nun símbolo da revolución nicaragüense. 





















"Para min é estrano, eu son famoso por iso tal vez non só en Nicaragua, tamén a nivel internacional e síntome tranquilo, feliz".  

- Pablo 'Bareta' Arauz, 1990