29/10/14

notas para un epílogo

"A tradición espiritual e o patrimonio físico 
estanse desintegrando simultaneamente en Romanía. 
O tempo mina as tradicións antigas preservadas 
en pequenas comunidades de só algunhas casas 
xunto aos últimos bastións da industrialización 
da era comunista (...) 

Fotografiei durante catro anos as escenas dun 
mundo en descomposición irreversible, 
a transformación dun país." 

Fotos e texto: Tamas Dezso


















07/10/14

a illa


"A illa de Jean Charles está a desaparecer no Golfo de México
A grava da estrada de 3 quilómetros que comunica á illa corróese 
lentamente coa auga salgada e crea bordos irregulares que deixan 
tan só unha pequena pista para ir dun lado ao outro. 

A illa é agora un terzo do tamaño que tiña cando as nativas/os 
americanas se estableceron alí en 1876. Foron empurradas a 
dirixirse cara o sur para evitaren a escravitude cando os 
primeiros exploradores alegaron que Louisiana era deles.

A día de hoxe, hai menos de cincuenta veciñxs afincadxs na illa. 
Os seus apelidos son Naquin, Dardar, Verdin, Chaisson ou Billiot
Liñaxes familiares moi profundas e entrelazadas."

Fotos e texto: Stacy Kranitz















06/10/14

idade de transición

"Este proxecto explora o estado de ánimo no período 
que vai dende a infancia á idade adulta. 

A primeira decepción que trae consigo o novo mundo 
consiste en erradicar progresivamente a espontaneidade 
da nena e a capacidade de sentir algo realmente. 

O sentimento de dualidade formado pola sensación de 
inferioridade e a perda de contacto consigo mesma 
coas outras persoas constrúe unha máscara de desgaste. 

Pouco a pouco, a infancia, 
con todas as súas imaxes e mundos máxicos, 
permanece envolta en néboa ridícula e innecesaria."

Fotos e texto: Danila Tkachenko














03/10/14

zona ZEN

A ZEN (Zona Espansione Nord) fíxose durante os anos setenta 
para as persoas que vivían nas chabolas ás aforas de Palermo. 

Fotos: Carlos Spottorno